Business as usual

Costa traballo falar de nada que non sexa o que está a acontecer no río  de Sarria, pero hai que ter paciencia. As denuncias seguen, a paralización da tala pola xuiza segue, a recolleita de sinaturas segue…

romeros, viñas podadasE a vida segue tamén por aquí, neste anaco de terra ao pé da Serra de Gredos. Non para de chover desde o sábado. Chove miúdo, sen facer dano. Tivemos que podar as derradeiras cepas coas katiuskas postas. O manantial rebosa aparatosamente sobre os iris e as macetas xunto ao pilón; os charcos teñen unha orla de pétalos brancos arredor, pétalos de abruñeiro que a choiva tirou (despois tirará o polen dos pinos, e a orla será amarela).
Unha parella de perdices anda de aquí para alá, sen acougar, buscando o mellor sitio para o niño. Farano seguramente na parte baixa da finca, a máis tranquila, por onde se meten os que veñen coller espárragos, lonxe da zona pola que andan correndo os cans (en primavera hai que levalos de un en un, e sempre controlados). Están frolecendo as ameixeiras e pereiras, os abruñeiros na beira do camiño, os xaramagos entre as vides, os romeros por todas partes Aínda non teño postas as patacas. Teño remexida a terra, iso sí, á espera de que asente un pouco o tempo. Serán Shanon e Mona Lisa, como as do ano pasado (e como o ano pasado, compradas a ECOMANJAR en Segovia: as mellores).

san martín-cantalejo 1-4-14Onte pasamos 64 litros do noso viño –do bó, o da cuba de aceiro-a unha barrica de carballo comprada “on line” en Montilla. Dixéronme que tiña que estar vintecatro horas con auga, para que a madeira inchara. Fixémolo así. Onte valeirámola e despois enchémola có viño, que, por certo, cada día está mellor. Fixemos unha cata comparativa có viño de Cantalejo (ver posts “Vino casero en cinco pasos…”), máis denso, de cor máis violeta, e máis sabroso. Este noso tira máis á cor RUBí e, en xeral, é máis doce e lixeiro, cun recendo a gominola.
O outro día veu Perico por alí, mentres eu estaba a podar, e faloume de plantar unha ducia de estacas con raiceiras (esquejes), estacas de vide, de “albillo”, pero non enxertas. Plantámolas xuntos esa misma tarde. O home, que está na Xunta Directiva da Cooperativa de viño, quere compensarme así a enésima tomadura de pelo desta xente…Hai catro meses que encarguei cento vinte enxertas de garnacha; hai dous que lles pedín por escrito confirmación do pedido, e hai unha semana que xa sei que non o fixeron, e que non me avisaron tampouco (para que os comprara noutro lado) porque non lles petou.
En fin, paciencia…que, como din na terriña, “tamén a tivo Xan de Outeiro, e máis quedou solteiro”·.

https://www.facebook.com/salvemosoriosarria

7 comentarios en “Business as usual

  1. De acuerdo con el anónimo de 3 abril. El gallego es una lengua dulce, gustosa de oír, tiene un deje muy distinto a las demás lenguas españolas. y sin embargo creo que puede llegar a ser fuerte, bastante directo.Tengo la inmensa suerte, además, de que todos los gallegos y gallegas que he conocido eran persona muy agradable, exculyendo a Paco ‘el ciclán, a quien por suerte jamás vi.
    Lo he pasado muy bien en sus tres provincias principales y sin haberlo planeado fui FELIZ en Verín durante casi un mes entero: tranquilo, bien acompañado y contando los días que aún me quedaban de disfrutar allí.

  2. Verídico:

    Saliendo en coche de Madrid por la Autovía del Noroeste, A6, me preguntó uno que si ponían en un cartel A Coruña, si una vez en Galicia los carteles indicarían también A Ourense y A Pontevedra. No es un chiste mío malo. Sonreí… por si acaso, y porque qué decirle a uno así si lo decía en serio…

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s